Monday 20 de May de 2024

O alcalde de Miño recibe á subdelegada para tratar o tema da seguridade nas praias


 

Esta mañá, o alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, recibiu no Concello á subdelegada do Goberno en Galicia, Pilar López-Rioboo, ao asesor, Alfonso Queijo e ao Capitán da Comandancia da Garda Civil da Coruña, Pablo Lago, para tratar entre outros asuntos, o control da seguridade nas zonas de praia.

‘Este verán antóllase tremendamente particular polas circunstancias sociosanitarias que estamos a vivir e da que aínda non estamos liberados. É importante a responsabilidade individual, así como a coordinación entre administracións para tratar, entre todas e todos, que as circunstancias sexan óptimas para o desenvolvemento de calquera actividade’, sinalaba o rexedor.

‘Quero agradecer, en nome do Concello de Miño, a disposición de Subdelegación do Goberno de España e da Garda Civil para escoitar as nosas demandas e preocupacións e envorcarse cos posibles dispositivos a despregar para o correcto funcionamento dos mecanismos de control da seguridade’, afirmou Faraldo.